Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programación de marzo da Biblioteca Municipal “Juan Fernández Latorre”

A Biblioteca Municipal “Juan Fernández Latorre” vén cargada de actividades para o mes de marzo:

O venres, día 6, con motivo do Día da Muller, as persoas que queiran asistir, poderán elaborar un mural participativo.

O martes, día 17, celebraremos o Día do Cómic con obradoiros para a rapazada de entre 3 e 12 anos ás 16:30 horas, ás 17:30 h e ás 18:30 h. Para esta actividade, haberá que inscribirse previamente a partir do 10 de marzo.

Mércores, día 18, a partir das 19:00 horas María Timiraos presentará o seu libro “No me rompí del todo”. A entrada será libre.

Agardámoste en cada unha das actividades.

Back to top