Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programación cultural novembro

Chega novembro con novas actividades culturais en Ortigueira.

O Teatro da Beneficencia acollerá música en directo, documentais e ata un recital de piano.

7 de novembro, ás 20:00 horas. Documental: O valor do noso.

Organizado pola Escola de Gaitas de Ortigueira, proxectarase a estrea de “O Valor do Noso” un documental feito con moito mimo, moita profesionalidade e moita honestidade por Arturo Sánchez.

 

8 e 9 de novembro, ás 20:00 horas. Concerto de Amancio Prada

A venta anticipada de entradas estarán dispoñibles desde este mércores, 5 de novembro. As entradas poderanse adquirir, cun máximo de 4 por persoa, en:
– Oficinas do Concello, en horario de 10:00 a 14:00 horas
– Biblioteca Fernández Latorre: 18:00 a 19:00 horas
As entradas terá un custo de entre 5 e 9 euros.

11 de novembro, ás 19:00 horas. Documental: ‘Chicas nuevas 24 horas’

Dirixido por Mabel Lozano, gañadora de dous Goyas, denuncia a través do seu filme a explotación sexual de mulleres e nenas.

Este documental é parte da exposición que poderá visitarse no Claustro da planta baixa do Concello dende o 3 ata o 14 de novembro.

15 de novembro, ás 20:30 horas. Concerto de piano a cargo de Yolanda Delgado

O ‘Outuno das artes’ da Deputación da Coruña chega a Ortigueira co concerto de piano de Yolanda Delgado, enmarcado no ‘Memorial Mireya Dieste. Música galega para piano’.

Back to top