Programación cultural decembro
Chega decembro con novas actividades culturais en Ortigueira.
O Teatro da Beneficencia acollerá teatro, música e cine.
14 de novembro, ás 18:00 horas. Teatro ‘Castelao’
No marco do ciclo da Rede Cultural da Deputación da Coruña, o Teatro da Beneficiencia acollerá a obra de teatro ‘Castelao, unha obra infantil que presenta á rapazada á figura do ilustre escritor galego a través da súa infancia en Rianxo. Entrada de balde ata completar capacidade.
20 de decembro, ás 20:30 horas. Concerto de Leticia Rey Dúo
No marco do ciclo da Rede Cultural da Deputación da Coruña, o Teatro da Beneficiencia acollerá o concerto de Leticia Rey Dúo.
Leticia Rey é unha das claras promesas da música galega, tras gañar o Premio Estudios Mans da Fundación Paideia decidiu apostar en firme pola súa carreira musical. Un concerto moi recomendable para ciclos de música intimista con unha voz que sorprende a calquera que a escoita por primeira vez.
Entrada de balde ata completar capacidade.
21 de novembro, ás 20:30. Concerto ‘Unplugged Claxxon’
No marco do ciclo dos Concertos do Xacobeo, o Teatro da Beneficiencia acollerá o concerto de ‘Unplugged Claxxon’.
Entrada de balde ata completar capacidade.
27 de decembro, ás 20:30 horas. Concerto ‘Black: Grandes éxitos da música negra’
Dentro do ciclo Dinamizartj, o Teatro da Beneficiencia acollerá o concerto de ‘Black: Grandes éxitos da música negra’. Proxecto musical con reinterpretacións de grandes éxitos da música negra. Un quinteto que achega aos grandes da música soul na súa versión mais bailable para sacar ao escenario a artistas como Donna Summer, Diana Ross, Justin Timberlake ou Daft Punk.
Entrada de balde ata completar capacidade.

