Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Programa municipal do 25N

Durante os meses de novembro e decembro, Ortigueira acollerá un amplo programa da actividades no marco do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.

4-28 novembro – Campaña Comarcal ‘De Faro a Faro contra as violencias machistas’

4 novembro: Presentación ás 13 horas no Salón de Plenos do Concello
23 novembro: Marcha comarcal contra as violencias machistas: 23 de novembro de 11:30 ás 13:30 horas. Saída da Alameda ata o Porto de Ortigueira. Entrega Premios concursos escolares de microrrelatos e debuxos.
25 novembro: 12:00 horas. Concentración e lectura de Manifesto institucional. 17:00 horas. Conversa literaria arredor do libro “ Solas en silencio”. Biblioteca Municipal.

Colabora Consellería de Política Social e Igualdade.Xunta de Galicia

3-14 novembro – Actividade contra a trata de mulleres “Chicas Nuevas 24 horas”, de Mabel Lozano

Do 3 ao 14 de novembro: Exposición Chicas Nuevas 24 horas. Claustro planta baixa Concello
11 de novembro: 19:00 horas. Documental “ Chicas Nuevas 24 horas. Teatro da Beneficencia
10 e 11 de novembro. Actividades didácticas có alumnado do IES Ortigueira

Colabora Consellería de Política Social e Igualdade.Xunta de Galicia

7 novembro ao 19 decembro – Fiadeiras

Grupo de intervención terapéutica con mulleres. Levarase a cabo no CIM de Ortigueira.

 

15 novembro ao 5 decembro – Olladas diversas: curtas pola igualdade

Obradoiro de prevención da violencia de xénero a través de ferramentas audiovisuais. Actividade destinada para o alumnado de FP. IES Ortigueira

 

Ademais, durante todo o mes de novembro, Ortigueira adhírese á Campaña “De Fronte” da Deputación da Coruña.

Back to top