PROGRAMA DE CONCILIACIÓN “SEN COLE NO COLE”
A Concellería de Igualdade pon en marcha o vindeiro luns 29 o Programa Municipal de Conciliación “Conciliortigueira” durante o período vacacional de Semana Santa.
Trátase dun servizo de conciliación da vida laboral e familiar destinado ás familias orteganas onde os menores estarán atendidos por persoal cualificado e desenvolverán actividades lúdicas diversas de coeducación, colaboración e igualdade.
O programa que é gratuito para as familias conta coa cofinanciación da Secretaría Xeral de Igualdade. As actividades desenvolvénse segundo todas as medidas de prevención que impón a actual situación sanitaria.