Pasos compartidos 2026
Este ano 2026 trae consigo novas xornadas do obradoiro de baile Pasos Compartidos nas distintas parroquias de Ortigueira.
Como é habitual, impartiranse en horario de 18.00 a 21.00 horas pero este ano hai novidades: todas as sesións contarán cunha rica merenda.
A primeira sesión terá lugar o último sábado deste mes, 31 de xaneiro, en San Adrián.
O resto de xornadas serán os seguintes sábados:
28 de febreiro en Senra
28 de marzo en Couzadoiro
25 de abril en Cuiña
30 de maio en Santiago de Mera
Agardamos os vosos bailes!