Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Pases de circulación para o Festival Internacional do Mundo Celta 2025

O Concello de Ortigueira restrinxirá o tráfico de vehículos co gallo da celebración do Festival Internacional do Mundo Celta. Trátase dunha medida para garantir a seguridade e fluidez do tráfico, a orde pública e a seguridade cidadá.

Así, entre os días 7 e 13 de xullo quedará restrinxido o tráfico de vehículos dende a Avenida da Escola de Gaitas en dirección ás rúas Avenida da Escola de Gaitas en dirección ás rúas Magdalena, Avenida de As Pontes, Eugenio López, Xosé Buide, Avenida Juan Luís Pía, Luama, Laxás, Vicoña.

Non se permite o aparcamento na vía publica nas zonas restrinxidas o trafico. Os residentes sen praza de garaxe deberán deixar os vehículos na zona da Preguiza, e nos aparcadoiros públicos. Por parte la Policía Local vixiaranse estas medidas e procederase a sancionar o incumprimento.

Así, para a circulación de vehículos a motor por estas rúas é necesario dispor do correspondente pase, que será facilitado polo Concello. Aos residentes e vivendas familiares entregaránselle pases permanentes que serán recollidos nas dependencias municipais ou onde se indique.

Anunciamos que deberán solicitar, dende o luns 16 de xuño, este pase todas as persoas que cambiaran de domicilio, de vehículo ou aluguen unha vivenda dentro da zona restrinxida ao tráfico. Poderán pasar a recollelo na piscina municipal en horario de 10:00 a 13:00 horas a partir do venres, 27 de xuño.

Para ler o bando completo, prema aquí.

Back to top