Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS ALCALDES DE ORTIGUEIRA E MAÑÓN PIDEN UN CRIBADO MASIVO DE POSITIVOS NESTES CONCELLOS

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, propuxo onte ao de Mañón, Alfonso Balseiro, formular unha petición conxunta á Consellería de Sanidade para que se leve a cabo un cribado masivo de positivos de Covid-19 nos dous concellos, diante da complicada situación epidemiolóxica que padecen. O rexedor mañonés comparte a mesma preocupación e coincidiu na necesidade deste cribado. A solicitude xa foi enviada a Sanidade para que, á súa vez, a leve ao comité técnico, que será o que tome a decisión.

Muras explicou que o medio cento de positivos que hoxe lle confirmaron desde a Xunta en Ortigueira son un número moi elevado, como tamén o é o de Mañón, onde hai máis de 20 persoas contaxiadas. O alcalde ortegano destacou a moita interacción e relación que hai entre a veciñanza de ámbolos dous concellos, tanto por cuestións de traballo como de compras ou xestións administrativas.

Back to top