ORTIGUEIRA VOLVE ESTAR EN ALERTA LARANXA
O municipio de Ortigueira volve atoparse en situación de alerta de nivel laranxa (risco importante) por fenómenos costeiros adversos, segundo informou o Concello, que ten dispoñibles aos medios de Protección Civil e Policía Local no caso de que se produza algunha emerxencia.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía comunicou que estes fenómenos comezarán a rexistrarse no litoral a media tarde de hoxe, para ir avanzando polo resto da provincia cara á noite e xeralizándose en toda a costa mañá mércores. Espéranse ondas de ata 6 metros.