Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira traballa na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

O Concello de Ortigueira está a traballar na auditoría de seguimento do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Este Plan xorde no seo do Pacto das Alcaldías, unha iniciativa de ámbito europeo á que o noso municipio se adheriu no ano 2021.

Neste marco, ponse en marcha unha enquisa sobre consumo enerxético dirixida ao comercio local, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética.

A empresa ENERGAL S.L será a encargada de realizar as chamadas aos locais comerciais do municipio para realizar enquisas sobre consumo, en representación do Concello. Desde a empresa que realiza as enquisas garanten que todas as respostas serán tratadas de forma anónima e confidencial.

Os datos recadados permitirán que Ortigueira dispoña do seu Inventario de Emisións de Referencia. Colabora co Concello, e súmate á loita contra o Cambio Climático.

Carta do alcalde de Ortigueira aos comerciantes.

Back to top