Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA TERÁ A SÚA PROPIA “SAN SILVESTRE” PARA DESPEDIR O ANO

O Concello de Ortigueira e o colectivo Ortigueira Runners organizan para o vindeiro día 31 de decembro a San Silvestre ortegana, unha carreira non competitiva para despedir o ano que sairá ás 17.00 horas da alameda e rematará no mesmo lugar.

Para participar non é necesario inscribirse e está aberta a todas as idades. Ao finalizar, haberá un chocolate quente por cortesía da Cafetería Alameda.

Na presentación estiveron o concelleiro de Deportes, Ángel Lozano e Noa Orizales, representante do colectivo Runners.

Back to top