Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA SÚMASE ÁS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DA DIVERSIDADE SEXUAL CUNHA CHARLA

O Concello, xunto co Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira, e a Asociación de Familias de Menores Trans ( ARELAS) organizan a charla “ Diversidade afectivo-sexual e familiar. Coñecemento e acompañamento”. Esta terá lugar no Centro Social de Ortigueira o 24 de xuño ás 17:00 horas.

Con motivo do Día da Diversidade Sexual, que se conmemora o 28 de xuño, o Concello súmase á campaña da Deputación dá Coruña ‘ Liberdade de ser e sentir’ coa que se pretende sensibilizar e concienciar sobre a necesidade de tolerancia, respecto e igualdade de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero.

Dentro desta iniciativa, o Concello organiza unha charla impartida pola presidenta de ARELAS, Cristina Palacios. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse no CIM de Ortigueira ou chamando ao teléfono 981 40 25 42.

En sinal de apoio ao colectivo, o Concello loce estes días a bandeira LGBTIQ+.

Back to top