Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira recibe unha subvención de 29.000 euros para realizar a limpeza de praias

O Concello de Ortigueira obtivo unha subvención da Excma Deputación Provincial por importe de 29.237,16 euros para a actuación de limpeza de praias durante a época estival do ano 2022. Con esta actuación executarase a limpeza e mantemento das praias do municipio e das pequenas infraestruturas e instalacións que presenta servizo as mesmas como accesos, pasarelas, duchas, baños, espazos naturais limítrofes.

Para executar este cometido, o Concello de Ortigueira vén de realizar a contratación de 4 persoas coas que entre outras, se realizarán as seguintes funcións nos areais do concello de ortigueira:

  • Retirada manual de algas, papeis, latas, plásticos e outros residuos depositados nas praias polas mareas e os cidadáns.
  • Baleirado das papeleiras e colectores instalados nas praias.
  • Limpeza e mantemento das instalacións de duchas, lava pes e aseos públicos.
  • Rozado e acondicionamento do entorno natural dos areais, naquelas zonas de tránsito principal dos bañistas.
  • Limpeza dos espazos naturais público limítrofes aos areais e que forman parte das praias.

As actuacións serán, principalmente, nas praias de Morouzos, A Concha, San Antonio, Bimbieiro e Picón, en menor medida no resto das do noso concello.

 

Back to top