Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA PRESENTARÁ O 25-N A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA NA CONTORNA VECIÑAL “NON MIRES PARA OUTRO LADO”

O Concello de Ortigueira desenvolverá unha ampla programación con motivo do 25-N, dentro da campaña Ortigueira en Negro, que este ano ten como lema “Contra as violencias machistas, educación”. O mesmo luns presentarase a campaña de prevención da violencia no contorno veciñal “Non mires para outro lado”. Será ás 11.30 horas no salón de plenos e a continuación, ás doce, haberá unha concentración diante do Concello, na que se dará lectura a un manifesto con motivo desta data.

Os centros educativos serán unha parte importante da celebración da data. Así, no IES de Ortigueira mostrarase a exposición “Dille Non”, da Secretaría Xeral de Igualdade, mentres que no CEIP José María Lage, a partir das cinco da tarde, terá lugar unha charla-coloquio co título “A coeducación emocional: claves e pautas educativas para a prevención das violencias machistas”. A continuación presentarse o calendario do proxecto “Aulas de igualdade”.

Xa o día 29 desenvolverase a reunión anual da Mesa do Protocolo Municipal de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero, ás dez da mañá na sala de xuntas do Concello.

Back to top