Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ortigueira ofrecerá obradoiros de balde para mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras

O Concello de Ortigueira, xunto ao Servizo de Apoio Integral ás Mulleres, organiza uns obradoiros de balde destinados a mellorar a calidade de vida e o autocoidado de todas aquelas mulleres que foran ou sexan coidadoras.

Trátase dunha iniciativa financiada pola Deputación da Coruña, na que tamén colabora a Fundación Mulleres, que ten como obxectivo ensinar a todas as participantes a coidarse e xestionar as súas emocións.

Os talleres desenvolveranse todos os martes, a partir do día 11 de novembro ata o 2 de decembro, en horario de mañá, de 10.00 a 12.00 horas.

As inscricións poderán realizarse de dous modos: presencial no propio CIM do municipio ou en liña a través do correo cim@ortigueira.com.

Para máis información chamar ao teléfono 981 402 542.

Back to top