Ortigueira obtén unha subvención de 29.000 euros para realizar a limpeza dos areais
O Concello de Ortigueira obtén unha subvención da Excma Deputación Provincial por importe de 29.237,16 euros para a actuación de limpeza de praias durante a época estival do ano 2022. Con esta actuación executáronse a limpeza e mantemento das praias do municipio e das pequenas infraestruturas e instalacións que presenta servizo as mesmas como accesos, pasarelas, duchas, baños e espazos naturais limítrofes.
As 4 persoas contratadas realizaron as seguintes funcións nos areais do Concello de Ortigueira:
- Retirada manual de algas, papeis, latas, plásticos e outros residuos depositados nas praias polas mareas e os cidadáns.
- Baleirado das papeleiras e colectores instalados nas praias.
- Limpeza e mantemento das instalacións de duchas, lava pes e aseos públicos.
- Rozado e acondicionamento do entorno natural dos areais, naquelas zonas de tránsito principal dos bañistas.
- Limpeza dos espazos naturais públicos limítrofes aos areais e que forman parte das praias.
As actuacións foron desenvoltas, fundamentalmente, nas praias de Morouzos, A Concha, San Antonio, Bimbieiro e Picón, en menor medida no resto das do Concello.