Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA FAVORECE A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR CO PROGRAMA OCIO-VERÁN

Favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ortigueira. Ese é o obxectivo que o goberno local pretende conseguir con Ocio-verán, un programa dirixido aos nenos e nenas de catro a once anos que contará con servizo de xantares e actividades de lecer.

Estas desenvolveranse ao longo da tempada estival, desde o 28 de xuño ata o 27 de agosto, “sendo este o ano no que máis duración ten este programa, co fin de facilitar a conciliación familiar ao longo de todo o período estival ao mesmo tempo que se ofrece unha ampla oferta de obradoiros, xogos e actividades deportivas aos menos e nenas do municipio”, sinalou o concelleiro de Deportes, Anxo Lozano.

A iniciativa, dirixida aos empadroados e empadroadas no Concello, conta con servizo de xantares, que se desenvolverán de 08:00 a 09:30 horas. A partir das 09:30 horas e ata as 14:00 horas terán lugar as diferentes actividades de tempo libre entre as que se incluirán xogos ao aire libre e acuáticos, deportes, excursións ou talleres, entre outros.

Inscricións

Co obxectivo de ofrecer flexibilidade para a conciliación laboral e familiar, as persoas interesadas poderán elixir en que semanas queren inscribir aos nenos e nenas, atendendo ás súas necesidades. Así pois, as persoas que queiran en presentar solicitudes para a primeira semana deberán facelo antes do 23 de xuño. Para as seguintes semanas será preciso inscribirse como moi tarde o mércores da semana previa. Daremos prioridade ás familias que soliciten a participación nesta actividade por motivos de conciliación familiar”, sinalou Lozano.

As solicitudes entregaranse no rexistro do Concello co modelo oficial que se pode adquirir na sede https://ortigueira.sedelectronica.es/ . Para máis información poderá chamarse ao teléfono 981 42 20 26 da piscina municipal de 10:00 horas a 13:00 horas ou ao servizo de Deportes, no número 981 40 00 00.

Con motivo da situación epidemiolóxica as actividades serán en gran medida en exteriores e contarán con todas as medidas de prevención ante a covid-19.

Back to top