Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA DEDICA 13.115 EUROS A PROGRAMAS PARA ERRADICAR A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Ortigueira dedicará 13.115 euros a programas dirixidos a erradicar a violencia de xénero no municipio. Este ano, a subvención que recibimos da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero dentro do Pacto de Estado é moi superior, pasando dos 2.930 aos 13.115 euros”, sinalou a concelleira de Igualdade, María Lamelas.

A edil incidiu na importancia desta achega para configurar desde o Concello diversos programas dirixidos á poboación ortegana co obxectivo de eliminar esta secuela a través da concienciación e sensibilización sobre a violencia machista.

“Con esta achega seguiremos colaborando man a man co Centro de Información á Muller (CIM) de Ortigueira para poñer en marcha políticas de atención a mulleres que se atopen en situación de risco e tamén diferentes programas e cursos cos que queremos visibilizar esta problemática co obxectivo de eliminala dunha vez por todas”, expresou Lamelas. “Tamén é esencial para elaborar cursos que nos permitan apoderar e poñer en valor o papel da muller na historia, moitas veces invisibilizado”.

Back to top