Ortigueira da voz á rapazada do municipio no III Pleno Infanto-Xuvenil Municipal
O Concello de Ortigueira celebrou hoxe, 20 de novembro, a terceira edición do Pleno Infanto-Xuvenil Municipal. O Salón de plenos da Casa do concello acolleu aos alumnos e alumnas do CEIP José María Lage e do IES Ortigueira, comprendendo deste xeito as aulas desde infantil ata bacharelato e ciclos do municipio.
O pleno conformou un espazo no que se escoitaron e debateron as proposta e conclusións que achegou o alumnado. A este evento os estudantes fixeron chegar propostas traballadas previamente nos centros educativos para transmitilas e debater hoxe co alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín.
O obxectivo desta iniciativa é ofrecer ao alumnado un espazo de reflexión e debate, no que propoñer melloras para o Concello. Tal e como se recolle na convención de Dereitos da Infancia, os nenos e nenas son axentes sociais, titulares activos dos seus propios dereitos, polo que se lles debe dar a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. Con este evento, á súa vez, conmemórase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, que se celebra ese mesmo día.
“Este tipo de xornadas supoñen unha ferramenta útil para o desenvolvemento das habilidades comunicativas do alumnado. Desde o Concello de Ortigueira estamos orgullosos de levar a cabo este tipo de proxectos que, sen dúbida, son moi beneficiosos para a nosa rapazada”, apuntan desde el Consistorio.