Ortigueira acolle unha xornada formativa sobre xestión emocional e resolución de conflitos
O Concello de Ortigueira, a través da concellería de Servizos Sociais e Igualdade, continúa coa súa aposta pola formación emocional e familiar coa segunda sesión da ‘Escola de nais e pais’.
Así, o vindeiro mércores 21 de maio, en horario de 17:00 a 19:00 h, o antigo Hospital de San Roque acollerá a sesión informativa sobre xestión emocional e resolución de conflitos.
A xornada estará impartida por Rocío Álvarez, formadora na Escola de Emocións. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán inscribirse chamando ao 981 402 542.