Ortigueira abre o prazo de matrícula do servizo ‘Sen cole no cole’
O Concello de Ortigueira abre o prazo de matrícula do servizo “ Sen cole no cole 2025”.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 12 de decembro ou ata completar todas as prazas dispoñibles (20 prazas).
“Sen cole no cole” é unha das actividades enmarcadas no Programa Municipal de conciliación “ Conciliaortigueira” ,que promove a conciliación e a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos/as a cargo, e que está cofinanciado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade e pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
“Sen Cole no Cole” é unha iniciativa de balde, dirixida preferentemente ás familias empadroadas no Concello de Ortigueira que teñan menores a cargo con idades comprendidas entre 3 e 12 anos. A actividade desenvolverase nas instalacións do CEIP José Mª Lage, en horario de 8:00 a 14:00 horas, durante o período non lectivo do nadal. As prazas serán asignadas por orde de inscrición.
Este programa terá lugar os días 22, 23,24,26,29,30,31 de decembro e 2,5,7 de xaneiro.
As inscricións xunto coa documentación para presentar deben presentarse no Rexistro do Concello.
