Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro sobre mobilización e coidados de persoas dependentes

O Centro Social de Baleo-Ladrido-Ortigueira acollerá o venres, 31 de outubro, un obradoiro sobre mobilización e coidados de persoas dependentes, destinado para pacentes, familiares e veciñanza en xeral, organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Este curso ten os obxectivos de dotar de habilidades ás persoas coidadoras de maiores en mobilización, cambios posturais e hixiene postural. Así como tamén crear un foro onde as persoas coidadoras e profesionais sanitarios poidan intercambiar experiencias, sobre coidados de Saúde.

A actividade terá unha duración de catro horas lectivas, que se impartirán en horario de tarde, de 17:00 a 21:00 horas, da man de Olga Roca Bergantiños, xefa de servizo de Calidade Asistencial do Sergas.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán inscribirse no CIM de Ortigueira, chamando ao teléfono 981 40 25 42 ou a través da propia plataforma da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. https://goo.su/aADcP

Máis información nesta ligazón.

Back to top