Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro de musicoterapia

Ortigueira acollerá o 10 de novembro un taller de musicoterapia, onde as persoas asistentes poderán estimular a memoria recente, fomentar a atención e concentración a través da música. Así como tamén mellorar o nivel de autoestima e mellorar as relacións sociais, desenvolvendo un sentimento de cohesión grupal.

Esta actividade, que está organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns en colaboración co Concello de Ortigueira, estará impartida polo profesor de música do Conservatorio profesional da Coruña, Damián Cairo.

Así, o taller realizarase en horario de 16:30 a 20:30 horas no Centro de participación social de San Roque e o obxectivo desta iniciativa é prever e axudar a incrementar e restablecer a saúde física e mental a través da música.

A actividade está dirixida a poboación adulta, coidadores/as e veciñanza en xeral. As persoas interesadas poderán inscribirse no CIM de Ortigueira, no 981 40 25 42 ou na plataforma da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Back to top