Obradoiro de Gravado
Con motivo do XIX Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez, o Concello e a Deputación organizan un obradoiro de gravado.
Terá lugar o mércores, 15 de outubro, ás 17:00 horas no claustro do Concello. Poden inscribirse todas as persoas maiores de 8 anos dende mañá, 10 de outubro, chamando ao
981 400 000.

Estará impartido por persoal da Fundación CIEC, que leva impartido este tipo de cursos en Betanzos dende 1985.