O Teatro da Beneficencia abre as súas portas á cultura con ‘Zavala + atalaias de Caión + lume + ferro’, unha viaxe pola tradición a través da música
Unha fin de semana máis, o Teatro da Beneficencia de Ortigueira abre as súas portas á cultura, desta vez o sábado, 25 de outubro, con ‘Zavala + atalaias de Caión + lume + ferro’, unha actuación que somerxerá ao público nunha viaxe pola nosa tradición a través da música.
A proposta trátase dunha oda á terra galega e á memoria colectiva organizada pola Deputación da Coruña, en colaboración do Concello de Ortigueira, no marco do programa ‘A cultura é un dereito’.
O espectáculo terá lugar ás 20.00 horas e as entradas serán de balde ata completar o aforo, sen solicitude previa.