Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PLENO APROBA AS AXUDAS PARA AUTÓNOMOS E PEMES E PREPARA OUTRAS ESPECÍFICAS PARA O SECTOR PRIMARIO

O pleno do Concello de Ortigueira aprobou as bases para a convocatoria das axudas a autónomos, pemes e micropemes nunha sesión na que a proposta do goberno saiu adiante aínda que con moito debate.

Acordouse reservar 200.000 euros para estas subvencións, que serán de 1.000 euros para quen tivo que pechar durante o estado de alarma e de 600 para os que sufriron perdas do 75% con respecto aos ingresos anteriores.

Anunciouse tamén que haberá unha liña de axudas específicas para o sector primario nunha convocatoria separada, co obxectivo de facelas compatibles coas que reciben da Unión Europea, o Goberno Central e a Comunidade Autónoma, cuxo borrador será entregado a próxima semana.

Back to top