Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O “PADRIÑO” DA CANDIDATURA DE ORTIGUEIRA COMO CAPITAL DO TURISMO RURAL REALIZOU UN BLOGTRIP POLO MUNICIPIO

Ortigueira recibiu esta fin de semana a visita dun blogueiro de “Caminante del Planeta”, que é o que apadriña a candidatura deste municipio para facerse co título de Capital do Turismo Rural 2021 no certame convocado polo portal EscapadaRural.com. Ortigueira foi seleccionada xunto a outras nove localidades para ser finalistas deste concurso, entre un total de 247 candidaturas.

Nos vindeiros días, o devandito blog (caminantedelplaneta.com) compartirá as súas impresións dos lugares percorridos, que ofrecen unha visión panorámica dos moitos encantos que reúne Ortigueira. O paseo litoral desde Santa Marta ata a praia de Morouzos, o Teatro de Beneficencia e o conxunto conventual, os cantís de Loiba, a garita de Vela, o xacemento arqueolóxico de Punta dos Prados, o casco histórico de Santa Marta, as fervenzas do Casón e Pozo do Inferno e o castelo do Casón son algúns dos lugares que percorreou o blogueiro, que tamén tivo a oportunidade de coñecer polo miúdo os atractivos do Festival do Mundo Celta e tomar clases de surf e hípica, entre outras actividades. Aloxouse en diferentes establecementos do municipio e xantou noutros moitos, co que conseguiu facerse unha idea moi aproximada dos encantos de Ortigueira para o turismo rural.

Desde a Concellería de Turismo, Juan Cao agradeceu a colaboración dos establecementos de hostalería e restauración da vila e animou a votar polo municipio neste certame. O prazo está aberto ata o 14 de maio.

Back to top