O GOBERNO PUBLICA A GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS DIRIXIDA Á ACTIVIDADE DOS MERCADILLOS
Desde o concello informan á veciñanza ortegana da publicación do protocolo e guía de boas prácticas dirixida á actividade dos mercados de venda non sedentaria, que recolle as condicións de seguridade e hixiene aplicables á venda ambulante (mercadillos), guía elaborada polos Ministerios de Industria, Comercio e Turismo, e o de Sanidade, coa colaboración da Asociación para a Xestión e Modernización do Comercio Urbano e Mercadillos (GESCOMER), Unión de Empresas de Comercio Ambulante (UNECA) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Logo da redución gradual das medidas extraordinarias de restrición da mobilidade e do contacto social, adoptouse o Plan para a transición cara a unha nova normalidade, que establece os principais parámetros e instrumentos para a consecución da normalidade, e que permiten a reapertura dos mercados que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública. En Ortigueira, o mercado semanal está a celebrarse desde o 14 de maio con total normalidade e respectando as medidas de precaución esixidas pola lei.
Nesta guía, dispoñible para a súa descarga na seguinte ligazón, recóllense as condicións de seguridade e hixiene aplicables á venda ambulante (mercadillos), adaptadas ás ordes ditadas polas autoridades sanitarias:
IR Á LIGAZÓN protocolo e guía de boas prácticas dirixida á actividade dos mercadillos