Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O GES de Ortigueira conta dende esta mañá cun novo equipo de excarcelación

  • Este material está valorado en 60.000 euros e servirá para realizar tarefas de corte, separación, elevación e tracción de altas prestacionais.
  • O alcalde, Juan Penabad, participou esta mañá no acto de firma do convenio de colaboración con Axega para recibir a dotación.

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, firmou esta mañá o convenio de colaboración coa Axega, na Estrada, para a entrega do novo equipo de excarcelación ao GES de Ortigueira.

Este material, valorado en 60.000 euros, está cofinanciado ao 80% polos Fondos FEDER no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Tratase dun equipo completo de excarcelación para corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións para tarefas de rescate e actuación de emerxencias.

O alcalde agradece á Axega por este novo material “que servirá para facilitar os labores de emerxencia do GES e incrementar o tempo de resposta nun accidente, algo imprescindible e que pode marcar a diferencia á hora de salvar unha vida”. Así mesmo, sinala que “engadimos esta nova dotación aos medios dos que xa dispoñemos, e desde o noso equipo de goberno seguiremos traballando para mellorar este servizo, facilitándolles as ferramentas desenvolver as súas tarefas diarias da maneira máis eficiente e eficaz posible”.

 

Back to top