O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN LABORAL INFORMA DO PROXECTO #AUTÓNOMOSDIXITAIS
A orientadora laboral Mercedes Álvarez informa do proxecto formativo #AutónomosDixitais posto en marcha pola Xunta de Galicia para mellorar o grao de dixitalización do conxunto de traballadores autónomos galegos, na procura dunha maior adaptación á nova forma de comercializar bens e servizos, xa que o comercio electrónico vai ser o eixo ó redor do cal xira a formación ligada a este proxecto.
As accións formativas planificadas son gratuítas e divídense en dous cursos con diferente perfil de alumnado:
- Curso de Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico. Dirixido a persoas sen coñecementos previos.
- Curso de Especialista en E-commerce. Dirixido a persoas con experiencias profesionais ou formación previas.
As personas interesadas en obter máis información pódense dirixir á orientadora laboral do Concello:
Recheo da Alameda, s/n. 1º andar.
981 400 000 (extensión 313).
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 horas.
Persoa de contacto: Mercedes Álvarez malvarez@concellodeortigueira.com