Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CURSO DE INICIACIÓN AO KAIAK CELEBRARASE DO 6 AO 10 DE XULLO

Un ano máis, o Concello de Ortigueira organiza o curso de iniciación ao kaiak, que desenvolverase do 6 ao 10 de xullo e contará coa colaboración de “Actividades Estaca”.

As clases terán lugar pola mañá e os participantes deberán ser maiores de 10 anos, estar empadroados no concello e saber nadar. O curso cunta cun límite de 20 prazas, e o prezo é de 25 euros.

As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición deberán chamar á Piscina Municipal a partir do luns 15 de xuño en horario de 10.00 a 12.00 horas (teléfono 981 422 026).

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, farase o sorteo das mesmas, e notificarase aos interesados. Debido ás restricións sanitarias do covid 19, o sorteo non será público.

Angel Lozano, responsable do departamento quixo subliñar na presentación da actividade a ampla participación outros anos neste curso e animou á veciñanza a inicarse nesta actividade “logo de tantas semanas sen poder sair, esta é unha boa oportunidade de desfrutar do mar, o aire libre e o deporte, compartindo experiencias con otras persoas e coidándonos un pouco”.

Back to top