O Concello realiza o ingreso a ASPROMOR de 63.000 euros por anticipado, o 90 % da contía total da súa colaboración
- Hai uns días ambas as entidades asinaron o convenio polo que o Concello de Ortigueira fará unha achega total de 70.000 euros para facer realidade os seus proxectos
- Juan Penabad, “realizamos este anticipo dunha gran parte da axuda para que poidan facer fronte a moitos dos gastos que desde a asociación teñen no seu día a día”
O Concello de Ortigueira acaba de realizar o ingreso á Asociación Prol-Minusválidos de Ortegal (ASPROMOR) de 63.000 euros, o 90 % da contía total da axuda que forma parte do convenio de colaboración asinado coa entidade hai uns días.
Con esta axuda a administración local colabora coa asociación para o desenvolvemento dos seus programas, que son fundamentais á hora de mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas usuarias e das súas familias.
Segundo apunta o alcalde, Juan Penabad, “realizamos este anticipo dunha gran parte da axuda para que poidan facer fronte a moitos dos gastos que desde a asociación teñen no seu día a día”.
Hai que lembrar que a firma deste convenio de 70.000 euros ten como obxectivo sufragar diferentes gastos da asociación no seu día a día.