O Concello pon en marcha o programa ‘Sen Cole no Cole’ para conciliar en Semana Santa
O Concello de Ortigueira abriu hoxe, luns 11 de marzo, o prazo para apuntar á cativada no Programa Municipal de conciliación de Semana Santa Conciliortigueira, denominado ‘Sen Cole no Cole’.
Esta iniciativa terá lugar durante as vindeiras vacacións escolares, o luns 25, martes 26 e mércores 27 de marzo, ademais do luns 1 de abril, en horario matinal, das 8:00 ás 14:00 horas. A proposta ofrecida polo Concello surxe para as familias que necesiten conciliar a vida laboral e familiar nesas datas nas que a escola pecha. Así, está dirixida, de xeito preferente, a familias con fillos e fillas, empadroadas en Ortigueira.
Ofrécense 20 prazas de xeito gratuito e a inscrición, que remata o vindeiro luns 18, realizarase segundo a orde de solicitudes ata esgotar o cupo. As familias interesadas porden realizar a inscrición no Rexistro do Concello ou na Sede Electrónica.