Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ORGANIZA CURSOS DE SURF E KAIAK ENTRE OS MESES DE XUÑO E XULLO

Surf

O Concello de Ortigueira organiza este verán cursos de iniciación ao surf e ao kaiak para os que se abriron hoxe os prazos de inscrición, exclusivamente por vía telefónica, na piscina municipal (teléfono 981 422 026) en horario de 10 a 12.

Nos cursos de surf os requisitos son saber nadar e estar empadroado no municipio. Reservaranse nove prazas para adultos con clases que se desenvolverán os días 27 e 28 de xuño e 4, 5, 11, 12, 18 e 19 de xullo. O prezo é de 20 euros e o prazo para anotarse rematará o 24 de xuño.

Os menores de idade -entre 10 e 17 anos- terán a posibilidade de elixir dúas quendas: a semana do 22 ao 26 de xuño e a do 29 de xuño ao 3 de xullo. O prezo neste caso é de 12 euros e os prazos de inscripción finalizarán, respectivamente, o 18 e o 25 de xuño.

Contarase con profesorado titulado e a empresa facilitará a tódolos participantes nos cursos neoprenos e táboas de surf.

O curso de iniciación ao kaiak é para maiores de 10 anos e terá lugar do 6 ao 10 de xullo. Hai 20 prazas dispoñibles e o prezo é de 25 euros. Tamén este caso será obrigatorio estar empadroado en Ortigueira e saber nadar.

Se hai máis solicitudes que prazas, levaranse a cabo sorteos.

Back to top