Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO LAMENTA O PASAMENTO DO ATLETA ALEJANDRO GÓMEZ, GRAN IMPULSOR DO RELANZAMENTO DA CARRERA POPULAR DE ORTIGUEIRA

O Concello de Ortigueira traslada á familia e amigos do atleta vigués Alejandro Gómez as súas condolencias polo falecemento deste deportista excepcional, que morreu vítima dun tumor cerebral e que foi un referente do atletismo galego e español. O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deportes ortegano, Ángel Lozano, quixo lembrar o papel fundamental de Alejandro Gómez no relanzamento da Carreira Popular de Ortigueira, que se celebra cada ano no mes de agosto e na que o deportista colaborou sempre de forma desinteresada.

Entre o palmarés do atleta destacan os seus campionatos de España de cros, 10.000 metros e media maratón, que gañou en diferentes ocasións, así como os resultados das súas numerosas citas olímpicas e internacionais.

Back to top