Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO INVISTE 4.000 EUROS NO MANTEMENTO DO CAMPO DE FÚTBOL DE MOROUZOS

O Concello de Ortigueira acaba de realizar traballos de mantemento no campo de fútbol municipal de Morouzos aproveitando que o FC Ortigueira ten renunciado a participar nas ligas das diferentes categorías nas que adoitan inscribirse, de xeito que as obras non interferiron na actividade deportiva. Estas tarefas, por importe de 4.000 euros dos fondos municipais, consistiron en sulfatar o campo, gradar a herba antiga e preparar o terreo de xogo con cal e abono antes de resembrar o céspede. O proxecto correu a cargo das Concellerias de Servizos e Deportes, segundo informou o titular desta última área, Ángel Lozano.

Back to top