Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO INSTALA UNHA CARPA PARA INFORMAR SOBRE A COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O Concello de Ortigueira instalará mañá, xoves 3 de xuño, de 11:30 horas a 13:30 horas unha carpa informativa sobre a compostaxe doméstica na Alameda.

A xornada incluirá tamén unha última sesión de formación sobre a compostaxe in situ ás 17:00 horas.

Con esta iniciativa, o equipo de goberno local busca contribuír á conservación do medio ambiente a través da xestión dos residuos orgánicos mediante o método de compostaxe doméstica.

O proxecto está subvencionado polas axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o financiamiento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Back to top