Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO FACILITA IMPRESIÓNS DE APUNTES A QUEN NON TEÑA MEDIOS PARA FACELAS NA CASA

O Concello de Ortigueira pon a disposición do alumnado que cursa estudos na localidade ou que está matriculado en centros oficiais doutros municipios e que non conta con medios para a impresión de apuntes nos seus domicilios, un servizo ao que poden recurrir para ter este material de aprendizaxe. Os propios estudantes ou os seus pais teran que poñerse en contacto co Concello, de 9.00 a 14.00 horas, e facilitaráselles un correo electrónico ao que enviar os arquivos en PDF, así como unha serie de datos de comprobación. Unha vez realizadas as impresións contactarase co solicitante para facer a entrega do material.

A concelleira de Educación, Belén Bello, estase poñendo en contacto cos centros educativos para informar desta opción e coñecer se hai situacións puntuais especialmente problemáticas. Nos casos nos que o alumnado non conte con conexión a internet, poderá enviar a documentación a través do seu centro.

O número de impresións estará entre 10 e 100 copias por alumno, salvo casos debidamente xustificados.

O Concello anima aos seus estudantes a continuar aprendendo durante o confinamento.

Back to top