Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ENTREGA MATERIAL DE PROTECCIÓN Á ESCOLA INFANTIL PARA QUE SE POIDA PREPARAR A VOLTA DOS PEQUENOS

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, informou hoxe do envío de material de protección sanitaria por parte do Concello á escola infantil Galiña Azul do municipio para que poida traballar na preparación da reapertura, xa que aínda non recibiu equipamento algún por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta, ao que corresponde a Xestión destes centros. Tal e como se fixo hai uns días coa Asociación de Comercio e Hostelería Ortegana, á que tamén se entregou este tipo de material, o goberno local trata de garantir que as actividades que se están reanudando poidan facelo con todas as garantías.

Á Escola Infantil entréganselle máscaras, guantes e dispensadores de xel hidroalcohólico así como pantallas de protección para o persoal. Deste xeito os traballadores e traballadoras teñen xa equipación para preparar a volta dos pequenos.

O alcalde comunicou ao equipo directivo que se necesitan máis material poden solicitalo como un servizo municipal máis, xa que o goberno está á súa disposición para “axudar en todo o que poidamos”.

Back to top