O CONCELLO DESTINA 87.000 EUROS PARA PAVIMENTAR VARIOS CAMIÑOS NAS PARROQUIAS DAS NEVES, FREIRES E INSUA
O Concello de Ortigueira aprobou un proxecto valorado en 87.818,16 euros para pavimentar varios camiños das parroquias das Neves, Freires e Insua.
Este proxecto cofinanciarase a través da subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a pavimentación de pistas que dan acceso a parcelas agrícolas.
Os traballos para levar a cabo inclúen o aglomerado en quente do camiño de acceso a Portoseco, o que dá acceso a Salgueirón, o que vai desde A Igrexa a Ameixeiras e Veiga a DP-4906 e, por último, desde a DP-4906 a Silvao.