Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA SÚMASE Á CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

O Concello de Ortigueira únese un ano máis á campaña “En negro contra as violencias”, que nesta ocasión ten como lema “Contra as violencias machistas, educación”.

A institución municipal quere animar a comerciantes e entidades vecinais, así como ao tecido educativo, asociativo, económico, deportivo, social e cultural e á cidadanía en xeral a espallar a mensaxe tinxindo de negro as súas sedes e espazos e facendo visible o logotipo da campaña, tamén nas redes sociais.

O material desta quinta edición pódese descargar na páxina ennegrocontraasviolencias.gal, e no Centro de Información á Muller hai cartelería a disposición das persoas interesadas.

Back to top