Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA SOLICITARÁ AO MINISTERIO DE FACENDA SAÍR DO PLAN DE AXUSTE, QUE REXE AS CONTAS DESDE O 2012

A proposta foi aprobada en pleno cos votos a favor do PSOE Ortigueira, Primeiro Ortigueira e Centristas Ortigueira e a abstención do PP.

O Concello saneou as contas municipais e cumpre desde o 2017 anualmente coa regla de gasto marcada para poder saír do programa, abrindo paso a unha economía local solvente, que evite a perda de recursos económicos.

“É o momento de saír do plan de axuste e empregar os nosos fondos para proxectos de vital importancia para a veciñanza”, destacou o alcalde, Juan Penabad Muras.

Back to top