Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA REPAROU UNHA CUBERTA NA ÁREA RECREATIVA DO MURITO

O Concello de Ortigueira vén de rematar unha actuación desenvolvida na área recreativa coñecida como O Murito, consistente na mellora da cuberta dun dos espazos de mesas e bancos utilizado como merendeiro.

Segundo informou o concelleiro de Obras, Juan Cao, a intervención correu a cargo do persoal municipal, que realizou a substitución da madeira do tellado e da propia cuberta. O investimento en materiais ascendeu a 1.300 euros.

Deste xeito, a zona queda acondicionada nun espazo de lecer que é un dos máis visitados do municipio.

Back to top