O CONCELLO DE ORTIGUEIRA REDUCIRÁ UN 50% O GASTO DA ILUMINACIÓN PÚBLICA.
O Concello de Ortigueira reducirá nun 50% o gasto da iluminación pública.
O Concello adxudica por 157.559,30 euros anuais o contrato deste servizo, que permitirá aforrar 800.000 euros nos próximos 5 anos, minimizando os costes do servizo e empregando enerxías renovables, que contribuirán a reducir as emisións de CO2 no municipio.
“Despois de analizar a situación actual vimos que podía facerse un importante aforro no consumo eléctrico mantendo, por suposto, a calidade da iluminación a través de instalacións máis eficientes”, destacou o alcalde, Juan Penabad Muras.