O CONCELLO DE ORTIGUEIRA PARTICIPA NUN CURSO DE XESTIÓN DEPORTIVA PARA PEQUENOS E MEDIANOS MUNICIPIOS
O Concello de Ortigueira, a través do concelleiro de Deportes, Ángel Lozano, participa estes días nun curso de xestión deportiva para pequenos e medianos municipios que organiza a Asociación Galega de Xestores Deportivos. Esta formación, que se imparte en liña, ten como relatores ao doutor en Dereito e profesor titular no INEFC Lleida Vicente Javaloyes Sanchis e ao consultor estratéxico Fernando Sánchez Salinero, autor de “La casa al revés ¿Por qué fracasan las empresas?”. A inauguración correu a cargo de José Manuel Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta, e Rosendo Luis Fernández Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, que colabora tamén na organización do curso.