O Concello de Ortigueira inicia este mes actividades deportivas para adultos e clases de patinaxe e xadrez
Xa se poden consultar tanto os horarios coma as ubicacións dos cursos de ximnasia para adultos organizados polo Concello de Ortigueira. A formación impartirase de luns a venres nos locais sociais de distintos puntos do municipio, e as persoas interesadas poderán anotarse nos mesmos locais onde se celebrará cada actividade, ou chamando ben á piscina municipal no 981 422 026, ou ben ao Servizo de Deportes do Concello, no 981 400 000.
Hoxe, 3 de decembro, comezan as clases de patinaxe que se celebrarán os venres no polideportivo do colexio en horario de 16:00 a 18:00 horas. As persoas interesadas en asistir aínda poderán realizar súa inscrición no 981 422 026.
O luns 13 de decembro arrincarán as clases de xadrez que se celebrarán os luns de 17:00 a 20:00 horas na sala da piscina municipal. As inscricións para esta actividade deberán tramitarse tamén na piscina municipal chamando ao 981 422 026.