O CONCELLO DE ORTIGUEIRA DA O SEU MÁIS SENTIDO PÉSAME POLO PASAMENTO DE DON HERMELINO ALONSO EIRAS
Juan Vicente Penabad Muras, Alcalde de Ortigueira, no seu nome, da Corporación municipal e de toda a veciñanza, expresa o seu sentido pésame polo falecemento de don Hermelino Alonso Eiras e desexa transmitir as nosas condolencias a súa familia.
Don Hermelino Alonso Eiras, natural de Ortigueira, Xefe de Aduanas en Galicia, era un pilar da loita contra o narcotráfico dende os anos 80, polo que o seu falecemento é unha grande perda para a toda a sociedade. DEP