Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA DÁ A COÑECER O NOVO CALENDARIO FISCAL DESPOIS DA DELEGACIÓN DA RECADACIÓN DALGÚNS TRIBUTOS NA DEPUTACIÓN

O Concello de Ortigueira ten aberto ata o vindeiro día 17 de marzo, incluido, o período voluntario de pago da taxa polo servizo de recollida de residuos sólidos urbanos correspondente ao último trimestre do 2019. A través dun bando, o alcalde, Juan Penabad Muras, comunica que transcurrido este prazo iniciarase o proceso executivo para reclamar as cantidades adebedadas coas correspondentes recargas, xuros de demora e demais conceptos que sexan esixibles.

Por outra banda, despois da delegación da xestión tributaria e recadatoria de diferentes impostos na Deputación da Coruña -Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Taxa polo Servizo de Recollida de Residuos (Lixo) e Taxa por Entrada de Vehículos (VAO)- o alcalde fixo público outro bando no que especifica a previsión de calendario fiscal no Concello.

O período de cobro voluntario para o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica e para o primeiro semestre da Taxa de Recollida de Lixo é do 10 de marzo ao 15 de maio. Pola súa banda, o Imposto de Bens Inmobles (IBI), Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), Taxa de Recollida de Residuos (segundo semestre) e Taxa de Vaos teñen un prazo de pago voluntario do 17 de setembro ao 20 de novembro.

Como consecuencia da implementación do novo sistema, este ano prodúcese un solapamento dos recibos do lixo correspondentes ao cuarto trimestre do 2019 -que aínda cobra o Concello- e do primeiro semestre de 2020, que xa recada a Deputación.

Ver PDF Bando da publicación do padrón da taxa de recollida de residuos sólidos urbanos (lixo) correspondente ao 4ª trimestre do ano 2019

Ver PDF Bando do novos períodos de cobranza dos ingresos derivados do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM, en diante), da taxa polo servizo de recollida de residuos (lixo, en diante) e da taxa pola entrada de vehículos (vaos)

Back to top