Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA COLABORA NA PROCURA URXENTE DE PERSOAL PARA OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

Debido ás circunstancias actuais, desde o departamento de orientación laboral do Concello de Ortigueira particípase na procura urxente de persoal para a súa inmediata contratación.

O traballo da administración local consistirá no envío dos curriculums recibidos á entidade que os xestiona.

Os postos de traballo demandados son:

  • Auxiliares de xeriatría.
  • Enfermeros/as.
  • Médicos/as.
  • Persoal de limpeza.

Esta demanda de persoal exténdese para todo o territorio nacional con especial urxencia nas comunidades de Galicia, Madrid, Valencia, País Vasco e Cataluña.

Nas oficinas do servizo de orientación laboral do Concello pode solicitarse toda a información:

Centro Social. Recheo da alameda s/n, 1º Andar
981 400 000 (extensión 313) – Persoa de contacto: Marika Álvarez
Correo electrónico: malvarez@concellodeortigueira.com

Back to top