O CIM de Ortigueira adquire material informático e audiovisual por valor de 3.257 euros
A Concellería de Igualdade do Concello de Ortigueira acaba de adquirir dous ordenadores portátiles coas súas licencias correspondentes e un proxector para o CIM con cargo a unha subvención de 3257,06 euros da Secretaría Xeral de Igualdade.
O asesoramento xurídico e psicolóxico ás persoas usuarias do CIM debe cos medios técnicos e tecnolóxicos suficientes para desenvolver as súas funcions así como para a utilización, tratamento e xestión da aplicación informática de xestión, para os efectos da consignación de cantos datos resulten do funcionamento do centro.
O CIM de Ortigueira atende a persoas usuarias de Ortigueira, Cariño, Cerdido, Mañón e Cedeira.